Datas: Xullo 2022 - Xaneiro 2023
‘#SeeMe - YouthUp for Mental Health’ é un proxecto sobre saúde mental na mocidade no que participamos xunto a outras 5 organizacións europeas, dentro da rama Youth Exchange do programa Erasmus+. Cada un dos socios enviamos 5 participantes entre 16 e 23 anos.
A iniciativa xorde polo interese e a experiencia dun grupo de adolescentes romaneses coa ansiedade, a depresión ou a vulnerabilidade emocional, especialmente tras a pandemia. Esta situación levoulles a facer unha investigación da problemática a nivel europeo, poñerse en contacto con outras organizacións afíns e deseñar o proxecto que se puxo en marcha, co apoio da Fundación Ikaros, a comezos de xullo de 2022.

#SeeMe reuniu en agosto de 2022 a un diverso grupo de 30 mozos de Romanía, Bulgaria, Turquía, Italia, Noruega e España, xunto con membros das organizacións e facilitadores, durante 10 días nas localidades de Bucarest (RO) e Vestfold og Telemark (NO). Neste curto pero intenso período, os participantes tiveron a oportunidade de explorar e expresar nun espazo seguro as súas vivencias e preocupacións sobre a saúde mental mediante numerosas actividades como art therapy, terapia a través da danza e o teatro, visionado e debate de películas relacionadas co tema, ioga, hiking, coidado dun mesmo ou aprender a dicir ‘non’. Todas estas actividades foron lideradas e elaboradas en colaboración cos participantes, porque eles son o foco e o motor desta iniciativa.
O mércores 9 de novembro, membros de VILÚ presentaron o proxecto na residencia Monte da Condesa (Santiago) frente a unha vintena de mozas e mozos, os cales non so poideron descubrir esta iniciativa, senón que ademáis poideron coñecer máis de cerca como funciona o programa Erasmus+.
Nos últimos días deseñaron conxuntamente o tríptico con toda a información do proxecto.